
Parece pois axeitado saber quen foi Hipatia de Alexandría. Pois para empezar sabede que Hipatia foi unha loitadora incansable e símbolo de tolerancia, unha muller que viviu contracorrente nun mundo dominado por homes e que loitou por manter esa liberdade que a permitía investigar e entregarse á filosofía tras recibir a instrución do seu pai, Teón, que a educou como un alumno de talento e propiciou a conversión de Hipatia na primeira muller científica da historia.
E para que podades profundizar na súa vida xa tedes na biblioteca estes títulos:

Hipatia de María Dzielska. A editorial Siruela reedita este libro que é considerado a máis completa e mellor documentada biografía deste personaxe.

La conspiración Piscis. Magdalena Lasala achéganos a un dos personaxes máis fascinantes da historia, Hipatia de Alexandría, e a un dos acontecementos clave do devir da decadencia do mundo clásico: a desaparición da Biblioteca de Alexandría.
La última noche de Hipatia. Eduardo Vaquerizo ofrécenos unha tráxica historia de amor enmarcada nos últimos días do mundo clásico ás portas da longa escuridade medieval e un relato que desafía a imaxinación sobre a última batalla da razón contra o fanatismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario