O pasado 20 de novembro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato do IES de Curtis desprazouse ao Auditorio de Vilalba para asistir á representación de Comedia Bífida de Manuel Núñez Singala. Alí puideron contemplar a versión da compañía teatral Biconobrelo.
A obra é un xuízo á nosa lingua e ao emprego que dela facemos os galegos e galegas. Con San Pedro como xuíz, os mortos desta obra de teatro son xulgados pola súa actitude en vida a prol ou en contra do uso da lingua propia.

Nas fotografías podemos ver a alumnos do noso centro caracterizándose como mortos axudados por unha das actrices.
No hay comentarios:
Publicar un comentario