O rato Gerónimo Stilton da man da editorial Destino fala galego. Benvidos ao castelo da rocha rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus, Na procura da marabilla perdida e O meu nome é Stilton son os catro títulos que Destino traduciu e que xa se pode atopar nas librerías.
Elisabett Dami é a escritora italiana que deu vida no ano 2000 a un rato, Gerónimo Stilton, director do periódico O eco do roedor, que se edita en Ratonia, capital da chamada Illa dos Ratos. Este rato, ídolo de preadolescentes (entre 7 e 12 anos), é un bibliófilo empedernido e amante da música clásica. O ratiño conta con máis de trinta títulos editados, unha serie de televisión e un cómic, entre outros materiais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario