
Versos presos é unha homenaxe á obra poética de Miguel Hernández no centenario do seu nacemento(2010). Partindo das cartas que escribiu o propio Miguel Hernández nos seus anos de cativerio a Juan Ramón Jiménez, Lorca, Neruda, á súa esposa, Josefina Manresa e ao seu amigo Juan Guerrero Ruiz faise un repaso á súa vida a través dos seus poemas máis significativos. As cartas supoñen o fío condutor da obra, o marco que sitúa os poemas, ordenados cronoloxicamente, na curta vida do seu autor. Hernández morreu aos 32 anos na prisión de Alicante.
Dous actores, Iñaki Urrutia e Gorka Mínguez encarnan ao poeta Miguel Hernández (1910-1942). Mínguez interpreta ao Hernández preso, o home de carne e óso que sofre a pobreza e a represión e morre en prisión enfermo de tifo e de tuberculose. En contraposición, Urrutia representa o personaxe poético, liberado do sufrimento pola creatividade do verso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario