Blog da Biblioteca do IES de Curtis: AchegArte

24/11/09

AchegArte


Todos os eidos da cultura galega terán algo que dicir na Coruña os vindeiros días 27, 28 e 29 de novembro. O sábado, o escritor e xornalista Manuel Rivas presentará ante os lectores o seu novo libro, Episodios galegos, unha recompilación dos seus artigos de prensa. O grupo folk Berrogüetto fará o domingo un adianto do seu disco Kosmogonías, o primeiro que publican dende a marcha de Guadi Galego. O mesmo día o músico coruñés Nani García presentará 5, o último álbum do seu proxecto con Baldo Martínez e Fernando Llorca.
Son algúns dos actos estrela desta iniciativa que se celebrará esta fin de semana, repartida entre o Palexco e o Kiosco Alfonso da Coruña.
AchegARTE está pensado como un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e difusión da cultura . Unha oportunidade para coñecermos unha mostra da ampla oferta cultural galega. Nesta cita coa cultura galega poderase gozar do noso teatro, a música, as artes plásticas, o audiovisual, a danza, a palabra cantada e falada.... mais tamén será o lugar onde mercar o libro que buscas, a música que che gusta, a película que non viches, os agasallos do Nadal; ou a ocasión para facer un obradoiro de ilustración, de danza, de música, de teatro, de pintura ou maxia, para grandes e pequenos. Unha programación para todos os públicos.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas