
A solución destes dous enigmas non é atopada con facilidade. Estudios
recentes amosan que só un de cada oito homes e unha de cada seis mulleres
son capaces de contestar correctamente. Aquí, o xogo «vexo vexo...
ti que ves», vírase en «VEXO VEXO... QUE NON VES». Neste caso o que
non vemos é que Laxe é unha muller e que a voz que se oíu no hospital
era a voz da nai.
¿Por que pensas que hai dificultades para acertar a solución?
¿Se cadra hai cousas que non vemos?
A dificultade para resolver estes enigmas amosa o ocultamento que se fai
da muller na linguaxe, o pensamento masculinizado, ver o home detrás de
case todas as profesións. Descubrir que Laxe é unha muller ou que un fillo
ten dous proxenitores, nai e pai, queda obstaculizado polos prexuízos
e os estereotipos sobre as mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario