Alfabetización para a participación política: As persoas que non saiban ler nin escribir, non poderán acceder aos dereitos individuais e tampouco poderán participar na consecución dos dereitos colectivos, que son esenciais para a dignidade humana. Un proceso democrático necesita de persoas alfabetizadas que participen activamente no mesmo.
Alfabetización e desenvolvemento económico: Existe unha correlación de taxas de alfabetización coa produtividade dun país e o seu PIB per cápita. A UNESCO sinalou como países cunha taxa de alfabetización superior ao 80% obteñen un PIB cinco veces maior .
Alfabetización e maior equidade de xénero: as mulleres adultas analfabetas teñen moitas máis dificultades para participar nos asuntos comunitarios e para establecer relacións familiares horizontais e beneficiosas para todos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario