Doctora en Historia pola Universidade de Yale, nacida fai 66 anos en Nova York .
Alison Des Forges adicouse a documentar os crimes perpretados no territorio ruandés. O resultado foi o libro “Leave None to Tell the Story” (“ Non deixes a ninguén contar a historia ”). Alí narra como foi planeado o xenocidio, incluindo os recibos de compra de medio millón de machetes feita polo goberno xenocida para acabar cos tutsis e hutus moderados. Eses anacos de papel tiñan que facer palidecer a todas as resolucións e condenas realizadas. Mesmo conta o que alí descubreu ,historia a historia, desde o caso da muller que tivo que enterrar ao seu home antes de ser violada polos asesinos do mesmo, ata un bebé que foi tirado con vida a un retrete.
A súa testemuña sirveu para levar a algúns dos culpables ante os tribunais. Participou como testemuña en once procesos por xenocidio no Tribunal Penal Internacional para Ruanda, e en xuizos que tiveron lugar en Bélxica, Suiza, Holanda e Canadá.
Comprometida ca zona dos Grandes Lagos, traballaba para a ONG Human Rights Watch desde fai dúas décadas. O seu derradeiro libro describe a violencia no Congo. Outra historia que non quixo que nadie deixara de contar.
Morreu en febreiro deste mesmo ano, á idade de 66, nun accidente de avión en Buffalo

No hay comentarios:
Publicar un comentario