Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
5/12/09
Aminetu Haidar, defensora dos Dereitos Humanos
Considerada a "Gandhi Saharaui" pola súa resistencia e loita pacífica pola autodeterminación do pobo saharauí e a denuncia da violenta e constante represión marroquí no Sahara Occidental, foi expulsada en avión a mañá do sábado 14 de novembro dende El Aaiún cara a Lanzarote, pola forza, sen documentos, nin ningunha das súas pertenzas e despois de case 24 horas de illamento e interrogatorio. Haidar volvía dunha viaxe a EEUU cando lle retiraron o seu pasaporte marroquí impedíndolle a entrada a El Aaiún por escribir nos impresos aduaneiros e de inmigración o nome do seu país, República Árabe Saharauí Democrática, en vez de Marrocos na casa de nacionalidade.
A loitadora saharauí intentaba voar despois ao Sahara, pero nin as compañías aéreas lle vendían o billete, nin as autoridades españolas lle permitían a saída, porque non tiña pasaporte. Aínda que si lle permitiron a entrada en España cando foi devolta polas autoridades marroquís, alegando que tiña un permiso de residencia oficial español, que Haidar goza dende hai uns anos por razóns humanitarias, ao recibir tratamento médico nun hospital de Madrid.
En 1987, con 21 anos, foi unha das 700 persoas detidas por participar nun mitin que pedía o referendo de autodeterminación. Permaneceu "desaparecida" sen cargos, nin xuízo durante catro anos, torturada xunto a outras 17 mulleres saharauís. En 2005, a policía marroquí volveuna deter e golpear tras a súa participación nunha manifestación pacífica. Foi liberada despois de 7 meses grazas á presión internacional de organizacións como Amnistía Internacional e o Parlamento Europeo.
Dende entón, Aminetu Haidar percorreu o mundo para denunciar a ocupación militar marroquí e as torturas e a violación sistemática dos dereitos humanos da que son vítimas os saharauís e para avogar pacificamente polo dereito do seu pobo á autodeterminación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario