Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
1/12/09
José Emilio Pacheco, Premio Cervantes 2009
Pacheco converteuse no cuarto mexicano en gañar o premio tras Octavio Paz, Carlos Fuentes e Sergio Pitol, recoñecidos en 1980, 1987 e 2005 respectivamente. Así mesmo, sucede ao novelista catalán Juan Marsé, último gañador, e cumpre a norma non escrita sobre a alternancia no galardón entre autores españois e latinoamericanos, que se mantén xa dende 1997. Só dúas mulleres recibiron o galardón ata a data, a española María Zambrano, en 1988, e a cubana Dulce María Loynaz, catro anos despois
José Emilio Pacheco naceu en Cidade de México en xuño de 1939. Ademais de poeta e ensaísta consagrouse tamén como tradutor, traballando como director e editor de coleccións bibliográficas e diversas publicacións e suplementos culturais. Foi tamén docente universitario e investigador.
Pacheco considérase a si mesmo "un observador consternado, que opta por la cobardía ante los acontecimientos en su país y en el mundo". O autor mexicano afirma que escribir poesía "es una forma de resistencia contra la barbarie".
Da súa obra poética destacan: Los elementos de la noche en 1963, El reposo del fuego en 1966, No me preguntes cómo pasa el tiempo en 1969, Irás y no volverás en 1973, Islas a la deriva en 1976, Desde entonces en 1980, Trabajos en el mar en 1983 e El silencio da la luna.
É autor das novelas Las batallas en el desierto e El principio del placer.
Á parte do Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2009), outros galardóns que recibiu son o Premio Nacional de Periodismo Literario (1980); Premio Nacional á traxectoria ensaística Malcolm Lowry (1991); Premio Nacional de Lingüística e Literatura (1992); o Iberoamericano de Letras José Donoso (2001); Premio Internacional Octavio Paz de Poesía e Ensaio (2003).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario