Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
13/12/09
OS DEREITOS HUMANOS PRETO DE TODOS NÓS
O xoves, 10 de decembro, conmemorouse o Día Universal dos Dereitos Humanos: desde a Biblioteca Sarmiento do IES de Curtis traballamos para achegar ás conciencias da comunidade educativa a necesidade de loitar por un mundo mellor. E por iso que intentamos atraer a atención de profes e alumnos sacando dos andeis libros e películas que tratan sobre ese tema. Elaboramos tamén, coa axuda do alumnado algúns paneis con imaxes inquedantes sobre a conculcación de dereitos e con textos que as acompañan. Invitamos a todos aqueles que queiran valerse destes materiais a que o fagan: o coñecemento non só se atopa nos libros, latexa tamén na realidade, que, lembrade, non sempre é fermosa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario