Blog da Biblioteca do IES de Curtis: SEMPRE DARWIN

19/12/09

SEMPRE DARWIN



Nas semanas finais deste trimestre adicamos un espazo a lembrar a importancia da labor científica de Charles Darwin, tan recordado en diversos foros no segundo centenario do seu nacemento. Desde a Biblioteca Sarmiento do IES de Curtis propoñemos o percorrido por unha pequena exposición colocada no corredor da entrada; varios paneis recollen variada información sobre a relevante figura do autor de EL ORIGEN DE LAS ESPECIES: biografía, teorías, viaxe no Beagle, descubrimentos... e ata dez curiosidades sobre a súa persoa dignas de ser coñecidas. Un cuestionario sobre a información recollida nos carteis está á disposición do profesorado que a queira utilizar para traballar co alumnado "in situ".
Grazas á sempre impagable axuda do IES As Mariñas, contamos tamén cunha exposición dentro xa do recinto da biblioteca de libros e revistas relacionados con este tema; tamén se atopa exposto no corredor un mural prestado por este IES de Betanzos no que os rapaces poden facerse fotos.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas