Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Tolerancia

8/12/09

Tolerancia


Segundo Assela Alamillo, en Mitoloxía na Vida Cotiá, Leito de Procrustes é unha expresión pouco usual que simboliza a vulgarización, a redución da alma a unha medida convencional. É reflexo tamén da tiranía ética e intelectual exercida por quen non tolera as accións e xuízos dos demais senón a condición de que sexan conformes aos seus propios criterios. Procrustes era un bandido que actuaba no istmo de Corinto e que mataba ás súas vítimas mutilándoas nun leito onde as facía tender: ás que sobresaían del, cortáballes as extremidades; ás que non alcanzaban a súa medida, estirábaas. Foi morto por Teseo.
A expresión proverbial "leito de Procrusto" ou "leito de Procrustes" adoita aplicarse a aquel principio ou regra que se pretende aplicar indistintamente a todos os casos, sexa cal for a súa natureza. Comunmente adóitase aplicar tamén a calquera mutilación ou diminución sufrida por unha obra de arte sexa cal for o seu motivo (por exemplo, unha mala tradución ou censura) e, hoxe en día, a todo esquema ríxido que non se quere romper e que obriga a sutilezas ou a laboriosas adaptaciónsa redución da pluralidade, o pensamento único, o politicamente correcto, a homogeneización de puntos de vista...

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas