
A xornalista Begoña Caamaño (Vigo, 1964) debuta na literatura con Circe ou o pracer do azul , unha novela editada por Galaxia na que se relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe. A escritora imaxina outras historias non relatadas por Homero e evita seguir a Ulises para converter as mulleres en protagonistas do relato. Caamaño conta a historia dunha muller que leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando ao seu arredor moitas voces suxiren a probable morte do marido, recibe unha carta dunha estraña: unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non só non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas que transcende mesmo a existencia do home; o esposo dunha e amante doutra pasa a ser só un pretexto para continuar coa correspondencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario