Blog da Biblioteca do IES de Curtis: En Salvador de Bahía

7/2/10

En Salvador de Bahía


De todos os entroidos de Brasil hai que atender ao de Salvador de Baía. É o que grazas ao sentimento dos bahianos, a súa oposición á mercantilización do entroido, mantivo case intacto o seu carácter. Ademais, o que Baía sexa a cidade musicalmente máis avanzada e importante de Brasil fai que este seis días, onde non hai outra cousa máis que música e baile nas rúas, sexan a manifestación máis autentica do espírito dos entroidos brasileiros. Os Blocos son as grandes atraccións do entroido. Son moito máis que simples grupos musicais para os bahianos, debido á implicación dos máis importantes na mellora das condicións sociais e culturais dos máis pobres. Hai dous tipos de grupos musicais:

-Os Blocos Afro, baseados en grandes grupos de xente tocando tambores acompañados por cantantes que van encima de camións con equipos de son. O primeiro foi Filhos de Gandhi (fundado en 1949), os seus 6000 membros convertidos nun río de branco e azul (a cor do seu uniforme) entre o resto de participantes do entroido é algo que non debes perderche. Entre os Blocos Afro recentes os máis coñecidos son Olodum, Muzenza, Malé Debalé e Ilé Aiye, é todo un espectáculo cando estes últimos salguen da súa base en Ladeira du Curuzu no distrito de Liberdade.

-Os tríos eléctricos son bandas de dez músicos que van subidos en camións equipados con sistemas de son que esnaquizarían calquera medidor de decibeis. Tocan cancións influenciadas polos Blocos Afro e móvense a paso de caracol polas rúas arrastrando a unha chea de xente. Cada Bloco Afro e trío eléctrico leva o seu propio uniforme e o seu persoal de seguridade para que os membros dos blocos poidan bailar con tranquilidade.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas