Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O Vicente Risco de Ciencias Sociais

28/2/10

O Vicente Risco de Ciencias Sociais



A quinceava edición do premio Vicente Risco foi para O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos" obra coa que a galardonada, María Pilar García Negro, quere deixar constancia da influencia de Rosalía sobre os primeiros amagos feministas.
O xurado do XV Premio Vicente Risco acordou este sábado por "unanimidade" conceder a Pilar García Na súa obra, a profesora universitaria nacida en Lugo e residente na Coruña, afonda no "feminismo radical" da poeta, no sentido de "privilexiar" a mirada sobre o mundo "desde unha óptica feminina"." de traballo. Defendeu no seu traballo dúas teses en que afirma que Rosalía de Castro foi a inauguradora do ensaio na literatura galega contemporánea a través dos dous prólogos de Cantares Gallegos e Follas Novas. Xunto a isto, definiu a Rosalía como a primeira escritora defensora da conciencia de xénero en Galiza, "a primeira feminista da nación galega".
García Negro sinalou a figura da autora compostelá como "un pozo sen fondo" e "unha canteira inesgotábel", ao que engadiu que dela "se descoñecen moitas cousas", que "non están debidamente socializadas". A isto, engadiu que "moitísimas" das reivindicacións que Rosalía fixo "non están superadas en absoluto".

"Rosalía de Castro é un gran clásico, e como dixo Italo Calvino, os clásicos caracterízanse por ser sempre obxecto de novas interpretacións", recalcou a gañadora do XV Premio Vicente Risco.

No concurso participaron seis obras e o xurado estivo composto polos membros da Fundación Vicente Risco Xosé María Eguileta e Luís Martínez-Risco; Fernando Acuña, en representación do Concello de Castro Caldelas; Teresa Devesa, en representación do Concello de Allariz; e o membro da Fundación Sotelo Blanco Francisco Fernández Rei

1 comentario:

Biblioteca Sarmiento dijo...

Do manifesto:
"Nestes días para nós escuros, Rosalía, lembrámoste unha e outra vez. Os nosos ollos percorren infatigábeis os teus versos, de onte a hoxe, e a memoria rescata da súa entraña retallos de poemas que palpitan nas nosas veas e percorren o noso corpo todo. E preguntámonos se este frío imposíbel que se instala na nosa pel é o mesmo frío que ti sentiches ante os que teñen fama de honrados na vila, aqueles que, amparados hoxe no mandato estatutario que lles foi outorgado para promoveren a cultura galega e a defenderen fronte ás agresións, utilízano contra todo o que ti significas, minusvalorando a herdanza túa e todo o que de noso achan ao seu paso aqueles que non entenden non todo o que somos e o que significamos.
...
Os que hoxe nos negan, como a ti te negaron ao longo de tanto tempo, son da estirpe dos que te alcumaron de chorona, mixiriqueira e trastornada por sombras de incerteza, dos que ocultaron o xenio do teu verso construíndoche unha imaxe distorsionada para afastarnos da exactitude das túas palabras, co único obxectivo de impediren que o teu verbo incendiase a nosa vontade e a luz dos teus versos abrise ventás de claridade no noso coñecemento. Deformábante para ocultarte, mentían, como nos seguen a mentir hoxe para destruíren a nosa cerna e esborrallaren a espiral de conciencia que ti iniciaches un día, con ese atrevemento histórico que foi un verdadeiro contrato de xustiza co pobo de noso e co futuro.”

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas