Hoxe o alumnado de 1º,2º, 4º PDC e PCPI acudiu ao cine á Coruña para pasar unha mañá chea de acción co sempre curioso personaxe Sherlock Holmes: a través dunha proposta do club de lectura Fendetestas do noso IES e do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, estanse a desenvolver nesta semana e nas vindeiras unha serie de actividades entorno á figura do detective creado por A. C. Doyle no século XIX.
A maxia do cine transportounos a un Londres victoriano polo que discorren as trepidantes aventuras dun orixinal Holmes, acompañado do seu inseparable Watson: unha vez máis o inxenio e habilidade da parella dará ao traste cos plans dos que se sitúan na outra marxe da lei, capitaneados na película por un malvado e case demoníaco Sir Blackword.
Acción, mortes, enigmas, maxia negra, a xenial intelixencia do detective... e unha novidosa e sutil dose de humor mestúranse axeitadamente nun film máis que recomendable para os seguidores do investigador londinense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario