Blog da Biblioteca do IES de Curtis: A riqueza do entroido galego

9/2/10

A riqueza do entroido galego



A RIQUEZA DO ENTROIDO GALEGO

En Ourense, o Entroido espállase por diferentes municipios, cada un coas súas propias características. Os máis populares son os do chamado “Triángulo máxico” composto polos concellos de Xinzo de Limia cunha arraigada historia, Laza, e Verín, pero non debemos de esquecernos doutros como son os de Boborás, os de Maceda, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Allariz, Sarreaus, Castro Caldelas, Bande tamén dentro de provincia de Ourense. Todos eles gozan dunha gran oferta nestas datas para que ninguén coñeza o que é o aburrimento, un calendario que recolle tódalas festas nestas datas relacionadas có Entroido na provincia de Ourense.
Por un lado temos é o traxe típico das “Pantallas” en Xinzo. Este consta duns calzóns e camisa branca; na cintura levan un tipo de faixa de cor vermella, e unha capa da mesma cor, e nas pernas unhas polainas negras. Por riba da faixa, levan unhas pequenas campás ou chocas, que fan soar xunto coas vinchas infladas que levan nas mas o mesmo tempo que van correndo polas rúas de Xinzo. A cara lévana cuberta cunha máscara típica da zona, e personalizada.
En Laza, os representantes do Entroido son os chamados Peliqueiros. O seu traxe é moi elaborado e a tradición conta que pasa de pais a fillos, non se pode ser Peliqueiro sendo de fóra. Levan uns calzóns brancos e por riba uns pololos de volantes de encaixes. Levan chocas, para pegarlle a todos aqueles que se lles interpoña no seu camiño, e levántanlles as saias as mulleres. Pódese dicir que é unha tradición moi animalizada.

En Verín podémonos atopar cos“Cigarróns”. Podemos ver como se asemellan os Peliqueiros de Laza na súa forma de vestir; e tamén na forma de celebrar estas festas. Estes parten o domingo corredoiro; é unha festa na que se mestura a música, a tradición, a troula e a boa gastronomía, podendo degustar o “lacón con grelos”, “o cordeiro”, “o cabrito”, “a torta Cigarrón”, “a rosca”...
Outros son os “Boteiros” de Vilariño de Conxo, moi semellantes os de Viana e Manzaneda, de feito denomínanse de igual xeito. O seu traxe é moi peculiar, consta dunha camisa branca cunhas tiras de tea de diferentes cores que van facendo figuras xeométricas, os pantalóns son de cor vermello cuns flocos. A súa máscara está feita de madeira de bidueiro pintada de negro e vermello. Neste concello lévanse a cabo unha serie de actividades para gozar do temo de lecer dun xeito diferente. Ademais de poder degustar uns exquisitos pratos típicos da zona; o mesmo tempo que se pode gozar dos seus encantos naturais.
Por outra banda temos aos Vergalleiros de Sarreaus, cuxo Entroido tamén é de moita sona na provincia e fóra dela. A súa máscara é moi significativa, pois diferenciase moi ben das outras, igual que o traxe. A máscara é branca con motivos negros, e cuns adornos cunha especie de cornos sobresaíntes cara a arriba. Neste concello tamén podemos gozar de moi boa comida como é o “porco asado”, especialidade da zona, e de exquisito gusto.

Por outra banda, hai que destacar aos Felos de Maceda, dos que se pode dicir que son os máis ancestrais da provincia, contando cunha gran historia as súas costas. O seu traxe é moi parecido aos dos Peliqueiros en Laza, diferenciándose por exemplo na cor das medias, que neste caso son negras, entre outras. As máscaras son talladas en madeira cocida e lata pintadas, e nunca se lle pode quitar a ningún Felo, nin sequera se lle pode tocar. Este traxe a igual que moitos outros son signo de virilidade e só poden levalos os homes solteiros, antigamente non se lles permitía as mulleres levalos aínda que hoxe por hoxe si as hai.
Tamén en Allariz, podemos atopara un dos entroidos máis coñecidos e característicos da provincia de Ourense. Os seus personaxes principais son os Charrúas, un personaxe un tanto estraño xa que non se atopan antecedentes históricos por escrito. Non teñen un traxe específico como ocorría nos outros concellos. Póñense calquera roupa, pero iso si de moito colorido, chocas, vergallo, e unha monteira ou pelica. Dise deles que ían polos pobos e casas pedindo viño e chourizos.

En Castro Caldelas, tamén teñen moita sona as súas festas de Entroido. O personaxe central son os chamados “Irrios Peliqueiros”. A súa vestimenta difire moito dos anteriores, veste cunha especie de traxe cunha máscara de madeira dun home con barba, e nas mans leva un pau e unha correa de pel de ovella. E como ocorre na maioría dos demais personaxes, o resto da xente debe obedecerlle e gardarlle respecto.
En Bande tamén se celebran esta datas tan sinaladas e importantes na provincia de Ourense, aínda que esta tradición estase aínda a recuperar despois de 60 anos. Os personaxes centrais son os “Troteiros” A súa indumentaria non ten nada de especial, é moi sinxela, uns unha sabana, outros cunha camisa e pantalón branco; unha carauta feita de cartón cunhas campaíñas ao redor, outros tapan a cara cuns tapetes feitos na casa, e uns sombreiros adornados con espellos e postais, para protexerse do mal de ollo. A característica mais especial é que levan un pau na man e vanse metendo cos vellos e mulleres que va atopando no seu camiño.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas