Blog da Biblioteca do IES de Curtis: TOMADE NOTA: ESTÁN RIQUÍSIMOS

15/2/10

TOMADE NOTA: ESTÁN RIQUÍSIMOS




A xornada de Entroido do venres empezou cun concurso de postres propios desta festa: a receita tiña - como non!- que ir acompañada dunha mostra do doce presentado. O certo é que o resultado foi excelente. Cómpre desde aquí suliñar o espírito participativo do noso alumnado: podedes ver na foto a mesa "de probas". O premio levárono cos seus "orelletes" un grupo de alumnas de 2º de Bachillerato; aquí queda a receita, por se alguén se anima.

ORELLETES (4 persoas)
500 g de fariña
150 g de azucre
3 ovos
½ cunquiña de café con azucre
1 copiña de anís
vainilla
reladura de limón
aceite para fritir
sal

PREPARACIÓN
1. Pasar a fariña por unha peneira e poñela nun bol grande; facer un oco no centro e engadir os ovos cascados, o azucre, o aceite, o anís, o moscatel, unha gotas de vainilla, reladura de limón e un chisco de sal.
2. Traballar coas mans e, pouco a pouco, lograr así que os elementos se integren formando unha pasta suave e elástica; non traballar moito.
3. Fórmase unha bóla igual que cando facemos o pan.
4. A continuación dividir a bóla en porción pequenas, duns 25 g.
5. Formar boliñas e deixalas repousar uns 25 minutos, tapadas nun lugar caldeado.
6. Cando estea a punto a pasta, tomar as bólas de unha en unha e pasarlles o rodete por riba para lograr unha pasta fina e redonda, chá coma un prato.
7. Coa man darlles unha forma oca.
8. Nunha tixola ó lume con aceite quente, botar a “orelliña” que ó momento incharase no centro; darlle a volta rápido cunha espátula.
9. Nun momento, xa estará dourada por ambos lados.
10. Sacar, poñer nunha bandexa e esparexerlles azucre.

LAURA PÉREZ, SANDRA CAÍNZOS, LAURA MIRÁS, DAKOTA CARREIRA, PAULA VEREA, PATRICIA SÁNCHEZ, ANA MARÍA IGLESIAS. 2º BACHARELATO B.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas