Blog da Biblioteca do IES de Curtis: UNHAS FARAGULLAS DE TRADICIÓN PROPIA E ALLEA...

15/2/10

UNHAS FARAGULLAS DE TRADICIÓN PROPIA E ALLEA...







Como vos vimos contando o Entroido no noso IES paseouse polo camiño da gastronomía, fixo tamén parada para ver un animado concurso de disfraces que nos fixo rir abondo e trouxo ao lombo, para que todos o viramos, un panel con información sobre a celebración desta festividade en diferentes poboacións galegas. O alumnado do centro que procede doutros países aportou tamén información e imaxes sobre festas similares da súa terra. Moi, moi interesante, tanto na parte verbal como na icónica.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas