Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Concurso Mulleres - Pistas Luns

8/3/10

Concurso Mulleres - Pistas Luns


  • O seu marido e ela teñen a mesma profesión e estudaron a mesma carreira.
  • Gañou o premio de ensaio Jovellanos.
  • Foi a primeira muller en entrar na súa Academia.
  • É unha muller moi ética.
  • É catedrática na Universidade de Valencia.

  • Naceu en Nebraska en 1893.
  • En 1921 comeza a traballar na Hispanic Society of America.
  • Viaxou cinco veces a España.
  • Converteuse na gran etnóloga de Galicia.
  • Escribiu un libro titulado Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña.

  • Naceu en 1900 en Inglaterra.
  • Desenvolveu a súa carreira académica en Harvard, durante décadas sen posto oficial. Foi a primeira muller profesora en Harvard e máis tarde a primeira catedrática.
  • Correlacionou con precisión as clases espectrales das estrellas coa súa temperatura
  • Publicou numerosas obras de astronomía co seu marido, Gaposchkin
  • Descubriu que o sol está composto maioritariamente por hidrógeno

  • Foi a primeira muller que dirixiu un goberno no mundo musulmán.
  • Estudou Ciencias Políticas nas universidades de Harvard e Oxford.
  • Enfrontouse activamente á ditadura paquistaní, estando presa e exiliada en varias ocasións.
  • Foi primeira ministra paquistaní entre 1988-1990 e novamente entre 1993 e 1996.
  • Morreu asasinada cun disparo nun mitin político do seu partido en decembro de 2007.

  • Foi unha teórica marxista de orixe xudea.
  • Naceu en Polonia pero posteriormente nacionalizouse en Alemaña.
  • Estudiou filosofía, historia, política, economía e matemáticas na Universidade e Zurich.
  • Foi asesinada en 1919.
  • Un domingo a mediados de xaneiro celébrase cada ano en Berlín o día adicado a ela.


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas