Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Concurso Mulleres - Pistas martes

9/3/10

Concurso Mulleres - Pistas martes

  1. Estudou Dereito na Universidade Autónoma de Madrid.
  2. Ocupou un escano de Deputada por Madrid durante a Segunda República.
  3. Conseguiu para as mullers españolas o dereito a voto: grazas á súa loita nas eleccións de 1933 houbo sufraxio universal.
  4. Presidiu a delegación española antes a Sociedade de Nacións.
  5. Marchou, por razóns políticas, de España en 1938: viviu exiliada en Arxentina e en Suíza, onde morreu en 1955.

  1. Foi periodista.
  2. Era de nacionalidade rusa.
  3. A súa morte produciuse no ano 2006 e provocou unha forte conmoción a nivel internacional.
  4. Foi unha gran defensora dos dereitos humanos.
  5. Recibiu o premio Vázquez Montalbán de periodismo.

  1. Política comunista alemá e loitadora polo dereito ao voto das mulleres.
  2. Entre 1891 e 1917 editou o xornal "Igualdade".
  3. Membro do Reichstag dende 1920 a 1933.
  4. Exiliouse na URSS, onde morreu en 1933.
  5. Está enterrada xunto á muralla do Kremlin, en Moscova.

  1. Foi titora dun importante personaxe da realeza española.
  2. Interésalle especialmente a historia do século XVIII.
  3. Mostrouse sempre moi contraria aos nacionalismos.
  4. Desde o ano 2000 ve doutro xeito a letra E.
  5. Débelle o "sillón" á morte de Gonzalo Torrente Ballester.

  1. Pintora galega do século XX.
  2. Recibe as súas primeiras leccións na Coruña.
  3. Desenvolve case toda a súa vida profesional en Madrid.
  4. Pinta con esmero a paisaxe rural galega.
  5. A súa obra acada a súa plenitude na década dos setenta.


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas