Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Concurso Mulleres - Pistas mércores

10/3/10

Concurso Mulleres - Pistas mércores

1. Nace na Coruña.
2. Filla dun ministro y jefe de goberno da República durante o goberno de Manuel Azaña.
3. No ano 1936 exíliase a Francia.
4. Ao día seguinte da súa morte un xornal titulou “O teatro morreu”.
5. Os actores e actrices galegos póñenlles o seu nome aos premios que conceden anualmente.

  1. Naceu en Curtis.
  2. Foi condenada a morte e estivo no cárcere por defender a legalidade da II República.
  3. Traballou como funcionaria de Facenda.
  4. O seu marido foi asasinado en 1936.
  5. Sobre a súa vida, ela mesma di: "Non me levou á loita ambición ningunha, mellor dito, levoume unha ambición inmensa, a de querer achegar o meu gran de area á transformación dunha sociedade inxusta, deshumanizada, cruel, noutra máis xusta que abarcase a todos os seres e na que todos atopasen a posibilidade de vivir a nivel humano...".

  1. Naceu nun pobo de Biscaia en 1895.
  2. Destacada dirixente política na II República Española e deputada por Asturias.
  3. Foi presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas.
  4. Exiliada na URSS durante franquismo, regresou a España en 1977 e foi de novo deputada nas primeiras eleccións democráticas.
  5. Dela é a histórica frase Non pasarán!

  1. Nin puido acabar Políticas nin acabou Económicas.
  2. Viviu en Noruega e California.
  3. Foi asesora en asuntos de cultura do goberno socialista de Felipe González.
  4. É unha escritora aragonesa e exerce disto último con paixón.
  5. Foi a última muller en entrar na Academia.
  1. Os seus escritos foron precursores do movemento ecoloxista.
  2. Os seus estudos foron fundamentais para a restrición do uso do DDT non mundo.
  3. As súas publicacións en The New Yorker trouxéronlle moitos ataques personais, entre outros, o Ministro de Agricultura escribiu unha carta ao presidente Eisenhower alegando que como Carson non estaba casada, a pesar de ser atractiva, probablemente era por ser comunista
  4. Morreu dun ataque cardíaco un mes e medio antes de cumprir 57 anos.
  5. A súa principal obra Primavera silenciosa sentou as bases para que ninguén poidera vender contaminación baixo o pretexto do progreso.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas