Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Concurso Mulleres - Pistas venres

12/3/10

Concurso Mulleres - Pistas venres

1. Naceu en Allahabad (India), en 1917 e morreu en Nova Delhi, en 1984.
2. Estudou en India, Suíza e Inglaterra.
3. Era a única filla do Primeiro Ministro indio tras a independencia do país.
4. Ocupou o cargo de Primeira Ministra do seu país desde 1966 a 1977 e desde 1980 a 1984, desenvolvendo un importante labor de modernización ( industrialización, programas de control de natalidade...)
5. O enfrontamento ao nacionalismo sij, custoulle a vida: morreu asasinada, tras recibir 31 disparos, aos tres meses da súa reelección, en 1984, por dous garda-costas sijs.

1. Foi modista.
2. Pertenceu ás Irmandades da Fala.
3. Desenvolveu unha intensa actividade política.
4. O seu marido foi alcalde de Santiago.
5. Morreu no exilio en Bos Aires.

1. Economista heterodoxa inglesa, nacida a principios do século pasado.
2. Participou como colaboradora na principal obra do economista Keynes.
3. Formou parte da escola postkeynesiana de Cambrige
4. Unha das protagonistas da denominada “controversia entre as dúas Cambridges”.
5. En 1942 publica un ensaio sobre economía marxista, tentando rescatar os aspectos puramente económicos da obra de K. Marx

1. A súa infancia foi triste e chea de penurias como consecuencia da Guerra Civil.
2. A súa primeira novela estaba baseada nuns personaxes bíblicos.
3. Escribiu moitos contos para nenos.
4. Logo de alcanzar unha certa fama, pasouse case vinte anos sen publicar nin unha soa novela.
5. Volveu á actualidade a finais dos noventa cunha historia fantástica ambientada na Idade Media.

1. É unha muller centenaria.
2. Foi a impulsora na ONU da Carta Magna dous Dereitos Humanos.
3. Vive en Italia e foi nomeada senadora vitalicia polo presidente Ciampi.
4. Déronlle o Premio Nobel cando tiña 75 anos, en 1986.
5. É a descubridora do Factor de Crecimento Nervioso (NGF).

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas