Blog da Biblioteca do IES de Curtis: curtis viaxe de ida... e de volta

16/3/10

curtis viaxe de ida... e de volta


Na miña familia emigrou a Barcelona un irmán de miña avoa, porque naqueles tempos a economía no era a mellor. El emigrou fara uns corenta anos mais ou menos, xa que era moi novo. Alí foille ben no traballo que atopou, aparte coñeceu a que é a súa muller que é de Andalucía. O pouco tempo casaron e tiveron unha filla. El nunca volveu a Galicia, solo para facer unha visita a familia ou a amigos que deixara aquí. Agora está xubilado e ten un piso en Curtis e a súa casa aló en Barcelona e como non o seu mercedes. Nunca vai volver para Galicia xa que se afixo moi ben a vivir aló e tamén porque ten toda a súa vida alí e toda a súa familia.

O outro irmán de miña avoa tamén emigrou a canda este a Barcelona, voltou fará uns cinco anos. El marchou coa súa muller e tamén tiveron unha filla pero como non se de deveron afacer moi ben aló, pois decidiron voltar xa que aquí xa tiñan un piso.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas