Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Emigrantes

3/3/10

Emigrantes


Unha das primeiras cousas que houbo de aprender Carlitos Gálvez, unha vez instalado no país de acollida, foi que os emigrantes vindos doutros países non eran considerados como estranxeiros, senón como outra cousa, denominada cunha estraña acepción, pero que co tempo o termo en cuestión converteríase na súa segunda pel: neste sentido, os traballadores estranxeiros eran en realidade gastarbeiters, é dicir, traballadores invitados. Un francés, inglés ou americano era un estranxeiro sen máis, pero en cambio un traballador español, portugués ou italiano era un traballador invitado, cunha certa connotación que o termo levaba, e que soamente habéndoa sentido en propia carne podíase chegar a comprender.

Porque á hora da verdade, para a inmensa maioría do emigrantes a súa vida reducíase a traballar, facer todas as horas extraordinarias posibles, saír pouco e sacrificarse moito, a fin de poder aforrar. Uns sacrificios que comezaban co capítulo da vivenda, na que a habitación compartida era o máis habitual, ou como máximo unha habitación con dereito a cociña, xa que dispor dun piso para un só, era un soño dificilmente alcanzable. Mesmo chegou a coñecer casos, en que pola estreiteza da vivenda o emigrante tiña que cociñar no pequeno habitáculo que facía as veces de water... e cociña. Por iso non lle collía de sorpresa, como algo novo, as dificultades dos inmigrantes chegados agora a España á hora de atopar vivenda, ao habelo vivido en propias carnes décadas atrás. O da comida era outra historia, porque cada cal o montaba como boamente podía, pero casos coñeceu nos que certos emigrantes enchían unha perola de patacas, verduras, un pouco de carne e moita auga, e de aí empezábase a tirar de rancho. Cando se acababan as patacas metíanse máis patacas, e cando acababan as verduras metían máis verduras, e así sucesivamente... e volta a empezar.
http://www.ugt.es/inmigracion/relatos/fray.html

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas