Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Hoxe comenzamos As actas escuras

16/3/10

Hoxe comenzamos As actas escuras



Tras a letura de Cochos agora toca un gran drama sobre a ocultación da verdade, o sentido da ética e a ausencia da mesma. O autor do texto é un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo e deixa constancia nesta obra, como en Cochos, do seu espírito crítico.

Unha historia con fendas, feblezas, cinismos, intereses, mentiras e verdades incuestionadas dos distintos persoeiros da curia eclesiástica da Santa Igrexa Catedral de Santiago de Compostela de finais do século XIX, centran As actas escuras , un apaixonante drama de Roberto Vidal Bolaño plantexou coma unha investigación de historiadores e teólogos, baixo a sombra da autoridade eclesiástica, sobre o misterio dos restos do Apóstolo. A peza é a nova montaxe do Centro Dramático Galego, estreada en xaneiro en Compostela, que mañán chegará a Vigo no teatro do Centro Cultural Caixanova, ás 20.30 horas.

un texto que cuestiona rotundamente a ocultación da verdade, ese uso que preside, parece que impunemente, moitos dos acontecementos da historia nosa de cada día», explica o responsable da montaxe.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas