Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Premio Narrativas Quentes

2/3/10

Premio Narrativas Quentes


A mestría narrativa da novela, a atractiva relación da música co erotismo, e as "emocionantes e poéticas historias das súas protagonistas", foron cualidades valoradas polo xurado para a escolla de 'Organoloxía' como obra gañadora desta edición do premio Narrativas Quentes.

O argumento xira arredor dun conservatorio en cuxo interior quedan accidentalmente pechadas seis profesoras: Caro (piano), Alicia (música antiga), Xandra (saxo), Vic (música de cámara), Enma (canto) e Carmela (gaita e pandeireta). Véndose obrigadas a pasar xuntas a noite, aproveitan o tempo para conversar das súas experiencias eróticas, todas elas vencelladas ao traballo musical e os instrumentos no que son expertas
Con este premio de Edicións Positivas, Organoloxía convértese na cuarta obra de Moreda. A autora asturiana, licencia en Filoloxía Clásica e Musicoloxía e que actualmente prepara a tese de doutoramento en Historia da Música na Universidade de Londres, publicou xa Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota (1997), O demos e o profundo mar azul (2003) e O país das bestas (2009). Organoloxía estará nas librarías da man de Edicións Positivas o próximo mes de maio.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas