Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Traballando nas Actas Escuras

19/3/10

Traballando nas Actas Escuras


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Non/reivindicar/Prisciliano/suicida/Galicia/elpepiautgal/20100319elpgal_21/Tes/
Victorino Pérez Nieto, un cura galego nacido en León (Hospital de Órbigo, 1954), cunha longa traxectoria como ensaista relixioso, vén de debullar ese algo en Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario (Galaxia, 2010).
-Eu penso que na arca da catedral non hai nin ósos, nin maneira de comprobar de quen son, caso de que os haxa. O que si é certo é que o Camiño de Santiago é o que seguiron os discípulos de Prisciliano para traer os seus restos desde o centro de Francia, que hai quen di que están enterrados en Santa Eulalia de Bóveda, na capelo dos Martores en Valga, que se o último treito foi por mar ata Padrón, igual que no caso de Santiago... E Prisciliano estivo en Galicia, e o seu culto durou aquí centos de anos, mentres Santiago non estivo nunca, e non hai indicios de culto seu antes do descubrimento do sepulcro. Desde logo, sería un paradoxo extremo que no lugar de culto dun santo estivese un herexe, pero como eu considéroo un santo, non me escandalizaría tanto. E ademais, o Camiño é algo máis que o Xacobeo, é o camiño do encontro da xente consigo mesma.
P. Hai vestixios de priscilianismo hoxe en colectivos como Irimia?
R. Todo ese movemento que reivindica a existencia dunha Igrexa galega con identidade propia, como a Asociación Irimia, a Romaxe de Crentes Galegos ou a revista Encrucillada, afondar no vencello coa terra e coa Terra, e buscar unha Igrexa máis fiel ás súas orixes, teñen un claro compoñente priscilianista. Hoxe Prisciliano estaría aí, creo.
P. Vostede persoalmente está tamén nunha situación chamémoslle priscilianista. É un cura casado ao que dous bispos -non Idacio e Hitacio- reprenderon por misar...
R. Se me acusan de priscilianista, non é unha grande acusación, porque el foi un mártir e un home bo que, pese a ser de clase alta, puxo todo o seu saber ao servizo do pobo, e foi pobo. Idacio e Hitacio eran xente intolerante que non podían permitir que houbese un home libre que entendía a Igrexa doutra forma ca deles. Eu o maior problema que teño neste momento non é coa xerarquía da miña Igrexa. Téñoo cos intolerantes que necesitan insultar, que queren resucitar a Inquisición, que se asañan cos cristiáns progresistas. Se se meten comigo non é porque me casara, que hai moitos curas coma min: métense porque penso libremente e porque estou comprometido con Galicia, co seu pobo. Xente máis papista que o Papa habíaa daquela e haina hoxe.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas