Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
5/4/10
Celebración de Uxio Novoneyra
Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999) –un novo volume da colección Cadernos de Ramón Piñeiro– representa, neste ano 2010 no que o Día das Letras está dedicado pola Real Academia Galega ao poeta do Courel, un primeiro e importante paso na bibliografía crítico-textual do escritor. A importancia desta obra deriva do feito de publicar case medio cento de prosas inéditas do poeta; de facer un esforzo compilatorio de fontes xornalísticas dos seus poemas e, ademais, de dar a coñecer –así mesmo por vez primeira– o seu expediente académico (co orixinal do seu exame de ingreso no Instituto de Lugo) e unha ben ilustrativa crono-bio-bibliografía baseada en múltiples fontes, rica e precisa en datos.
Caligrafías, mecanoscritos e textos de autopoética completan este heteroxéneo e multifacético libro, que será en adiante consulta obrigada en futuros traballos sobre o gran poeta galego da segunda metade do pasado século.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario