Blog da Biblioteca do IES de Curtis: “A CLAVE ESTÁ EN USAR RESPONSABLEMENTE A ENERXÍA”

30/4/10

“A CLAVE ESTÁ EN USAR RESPONSABLEMENTE A ENERXÍA”


Nesta segunda quincena de abril, o IES de Curtis acolleu unha exposición do INEGA sobre itipos de enerxía e aproveitamento enerxético. As visitas a esta exposición estiveron guiadas por Laura, unha licenciada de Pedagoxía, cunha ampla formación sobre temas medioambientais e especializada no ámbito enerxético. Un grupo de alumnos do PCPI ( Tania, David e Manuel ) entrevistouna ao remate da actividade. Velaquí o resultado.

P – Gústache o tema do que trata a exposición?
R – Si, creo que se me nota ao guiar as visitas.
P - Cal é a enerxía máis limpa e menos perxudicial?
R – A que non se utiliza: moitas veces usamos enerxía sen decatarnos e sen necesidade. Por exemplo, deixamos a TV en stand by e iso supón un consumo innecesario.
P - Cal cres que é a enexía do futuro?
R – A clave está en concienciar a poboación do uso responsable da enerxía e do aproveitamento do sol e da luz segundo a zona xeográfica. Por exemplo: orientar ventanas cara ao sur, disposición das tellas…
P - Participache no diseño da exposición?
R – Non, xa a atopei deseñada.
P - Que destacarías do conxunto de paneis?
R – O apartado de eficiencia enerxética, onde se ve a utilidade das enerxías naturais.
P - Cambiarías algo na exposición?
R – Non: todo e necesario e formativo.
P - Cres que foi de utilidade para que o alumnado aprenda a usar razonablemente as enerxías?
R – Si, en xeral vin interese nos alumnos e seguro que hai varias cousas que van recordar na súa actividade diaria.
P - Tes algunha anécdota?
R – Non, só quero suliñar a atención, en xeral, dos distintos grupos.

Alumnos do PCPI (Administrativo / Automoción)

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas