Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O voitre negro, ave do ano 2010

6/4/10

O voitre negro, ave do ano 2010

O voitre negro, Aegypius monachus, é unha especie de ave falconiforme da familia accipitridae, a única do seu xénero e un dos poucos voitres que se poden atopar en Europa xunto con voitre leonado, o alimoche e o quebrantaosos. É o rapaz máis grande de España. A súa envergadura pode alcanzar os 3 metros e pesa entre 7 e 10 quilos. As plumas dos mozos son dunha magnífica cor negra brillante, agás a penuxe do colo e a coronilla que é gris clara. Os maiores son marróns.

A Sociedade Española de Ornitoloxía acaba de nomealo Ave do ano 2010. Con ese nomeamento quérese chamar a atención sobre a situación actual deste fermoso ave. Na década dos setenta chegou a ser unha especie moi escasa e ameazada, con menos de 200 parellas reprodutoras. Dende entón a especie recuperouse: xa hai 2.000 parellas. A pesar destes datos tan esperanzadores, algunhas ameazas seguen causando demasiadas mortes. Posiblemente a maior causa de mortandade do voitre negro é o uso ilegal de cebos envelenados utilizados en terreos cinexéticos ou na gandaría. Outra grande ameaza é a eliminación sistemática do gando morto no campo. A raíz da crise das vacas tolas, a lei obriga a retirar os animais mortos e, como consecuencia, os voitres quedan sen alimento. Tamén a xestión inadecuada dos montes ten efectos negativos sobre o benestar deste gran rapaz, por exemplo, ao abrir pistas, devasas ou accesos para excursionistas. A colisión con tendidos eléctricos e a electrocución é pouco importante no voitre negro, pero podería aumentar pola proliferación de tendidos asociados a parques eólicos en moitas áreas de España.


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas