
Ao rematarmos marchei directamente para o bar. Debeu ser na quinta xenebra cando apareceu Queta e comezou a contarme dun caso semellante que lle acontecera a un músico famoso francés, que a muller se lle fora cun irlandés que tocaba con el. «Aínda peor que o teu, tiña o inimigo no seu grupo».
Cando empecei a golsar, levoume á pensión e meteume na súa cama. Espertei cunha dor de cabeza do tamaño dun elefante e Queta deitada ao meu carón mirando unha revista.
«Fíxate -comentou amosándome unhas fotos- con esta casa, este barco, estes coches van e adoptan a un neno autista nepalí. Mira que hai xente boa no mundo.
Ler o anterior
No hay comentarios:
Publicar un comentario