Blog da Biblioteca do IES de Curtis

14/5/10


De tanto calar xa falo só
xa é hora de botar fóra o que me atormenta

Boa parte do poema ten unha estrutura paralelística con abundantes anáforas e epíforas
GALICIA digo eu ... un di ............GALICIA
GALICIA dicimos todos ..............GALICIA
ata os que calan .. din ..................GALICIA
e saben .......................................sabemos
Eu digo/sinto Galicia, coma calquera, como todos os galegos, mesmo os que non o din, os que non manifestan o seu sentimento pola terra e calan, como calan os galegos; eles tamén o saben e sabémolo todos, Galicia é unha tarefa común de todos os galegos e galegas. O sentimento vai crecendo: eu, un, todos...
GALICIA da dor ... chora ................á forza
GALICIA da tristura ... triste ............á forza
GALICIA do silencio ... calada ..........á forza
GALICIA da fame ... emigrante .........á forza
GALICIA vendada ... cega ................á forza
GALICIA tapeada ... xorda ...............á forza
GALICIA atrelada ... queda ...............á forza
Tal e como recita o autor, hai unha pausa, chora, triste, etc. van unidas a á forza
Repaso aos históricos males de Galicia: a que sofre, a que chora, sempre triste (Rosalía), que non protesta e está calada (Castelao), a que emigra pola fame, a que está cega, cunha venda e non pode ver a realidade, a que está rodeada por un muro (tapeada) e xorda, que non escoita as chamadas, a que está atada (atrelada), quieta por non poder moverse. E o coro repite á forza, porque non é libre, non dispón do seu destino, está forzada

libre pra servir ....................libre pra servir
libre pra non ser .................libre pra non ser
libre pra morrer ..................libre pra morrer
libre pra fuxir .....................libre pra fuxir
A ironía da liberdade que non existe: é libre para seguir servindo a señores e foráneos, é libre para non ser ela mesma, para non ser un pobo, para ser alienada, é libre para morrer como pobo, é libre para fuxir, para escapar. E o coro vaino remarcando e repetindo, como o roga por nós do rosario
GALICIA labrega ...............GALICIA nosa
GALICIA mariñeira ............GALICIA nosa
GALICIA obreira ...............GALICIA nosa
GALICIA irmandiña ...........GALICIA viva inda
Agora cántase ás tres clases máis nosas, que conforman o verdadeiro ser galego: os labregos ( a primeira e máis antiga), os mariñeiros e os obreiros (a nova clase social do século XX). E tamén ao noso pasado de loita e honra: os irmandiños, que seguen aínda vivos nas nosas conciencias, que son exemplo de loita e rebelión

GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas