![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhBZm4_XyIKfBHi6DUxMH4FSl7Ox3S5504Qc7crfE0jyETYHi1XqsIYfpw7-HBHrPyJ6C0A5jndGTJ8Na1K7KL6VislPKVgQCh7D1hEMxEl1dlp1iSGcePECxZkuF0QHcwdwJZ8p_DeGVI/s400/ciencia.jpg)
Parque de Santa Margarita. A Coruña
De 11 da mañá a 7 da tarde
O Día da Ciencia na Rúa, que organiza por décimo quinto ano consecutivo a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses, e que está patrocinado por Caixanova, reunirá nesta convocatoria a 24 centros educativos da Coruña, Betanzos, Cambre, Oleiros, Culleredo, Ribadeo e Carballo.
A Universidade da Coruña terá unha destacada representación con programas de actividades presentados por profesores e alumnos das facultades de Informática, Ciencias. Outras das institucións que participarán son o Instituto Español de Oceanografía, que presentará actividades relacionadas coas campañas e investigacións que realiza e mostraxes biolóxicas de peixes ás 12, 17, e 19 horas, ou a Agrupación Astronómica Ío, que dispoñerá telescopios para a observación do ceo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario