Levaba tempo véndoa nos andeis das librarías, na lista dos máis lidos de varios xornais, na casa dos meus amigos. A portada era un pouco feminina , o titulo semellaba O club da calceta, e eu non o tiña nada claro.
Merquei o libro cara ao verán e comecei a lelo o primeiro fin de semana sen nada que corrixir. O libro engancha dende o primeiro momento e mellora segundo avanza mantendo o interese ata o final
Con ritmo áxil, María Dueñas tece unha trama chea de personaxes interesantes, aventuras inesperadas, historias, conspiracións, morriña, política... Non aburre , cada capítulo depara unha sorpresa, mantén ao lector enganchado.
Na lectura pasaba por fragmentos que chamaban a Galdós, outras veces o suspense e a intriga deixáronme nunha película de Hitchcoch, outras no mundo da Casablanca de Bogart .
Lera novelas, moitas novelas, sobre a guerra civil española e sobre a Segunda Guerra Mundial, pero ningunha situada no Protectorado de Marrocos nese tempo. Estou a piques de rematar e xa
busquei outras obras da mesma autora e , resulta que é a primeira!
No hay comentarios:
Publicar un comentario