Morreu José María Díez-Alegría, un dos grandes teólogos españois. Ía cumprir en outubro os 99 anos de vida. Foi un reputado profesor na impoñente Universidade Gregoriana de Roma e xesuíta impenitente, obrigado polo Vaticano a deixar a orde de Ignacio de Loyola po por publicar Yo creo en la esperanza, por non aceptar silencios, componendas nin censuras. A pesar de todo, nunca deixou de vivir en con a Compañía de Xesús. "Soy un jesuita sin papeles" adoitaba ironizar.
Yo creo en la esperanza aparece en 1972 na editorial Desclée de Brouwer, de Bilbao ,vendéronse 200.000 exemplares en numerosos idiomas , A xerarquía eclesiástica ha soportou a fama e a voz de Alegría con pasmo ou pánico.
Aos 90 anos, Díez-Alegría publicou a segunda parte do seu famoso libro, esta vez co título Yo, aún creo en la esperanza, pero no medio hai moitas outras obras de impacto, como Actitudes cristianas ante los problemas sociales (1967), Cristianismo y revolución (1968), Teología en broma y en serio veras (1977), Rebajas teológicas de otoño (1980). La cara oculta del cristianismo (1983). ¿Se puede ser cristiano en esta iglesia? (1987) ou Cristianismo y propiedad privada (1988)
Alegría tivo poucos problemas coa severa ditadura franquista e nacionalcatólica que abrira en Zamora un cárcere só para curas. A explicación é a súa orixe ,era fillo, dun importante banqueiro de Xixón, ademais de irmán de dos tenentes xerais Luís Díez-Alegría, xefe da Casa Militar de Franco e ex director xeral da Garda Civil, e Manuel, ex xefe do Alto Estado Maior do Exército
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario