Blog da Biblioteca do IES de Curtis

27/6/10

NA efervescencia cultural dos anos oitenta na Coruña, era doado atopar un home co pelo alborotado e unha chupa negra. Nos días da movida, do punk e da renovación das artes plásticas e da literatura Lois Pereiro era un escritor como de secta secreta Esta condición de outsider provocaba a reticencia dos académicos á hora de dedicarlle o Día das Letras Galegas, pasados xa máis de dez anos da súa morte, a pesar de que a súa obra é cada vez máis valorada polos lectores e máis considerada pola crítica.

A imaxe de Lois Pereiro é reflexo da súa actitude fronte a vida: esgazada, crúa e espida coma os seus versos. Estes elementos determinaron o mito marxinal e cosmopolita que o poeta personifica. A autodestrución, a desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía. Da aniquilación á nostalxia foi o camiño literario que andou, deixando unha pegada cada vez máis fonda en lectores cada vez máis novos.
Case todas as honras a Pereiro chegáronlle tras a súa morte, ,en 1996, aos 38 anos de SIDA, precedida dunha agonía da que deixou un testemuño desgarrador en Poesía última de amor e enfermidade, o segundo dos dous únicos libros que publicou en vida. Os seus poemas, moi consonancia coa época, envorcáronse máis en revistas (LaNaval ou Luzes de Galicia) e mesmo nalgunhas letras da banda punk Radio Océano, capitaneada polo seu irmán Xosé Manuel.
César Antonio Molina, quen, como recoda Martínez, “foi o responsable da aparición de Pereiro nunha antoloxía de poetas españois na editorial Anthropos”.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas