Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Bibliotecas escolares: o último reino de papel?

6/7/10

Bibliotecas escolares: o último reino de papel?

Acaba de publicarse o libro titulado BIBLIOTECAS ESCOLARES ÚLTIMO REINO DO PAPEL? coordinado por Manuel Area xunto con Manuel Ortiz. Foi editado polo CEP da Orotava (Tenerife) con cofinanciamento do Goberno de Canarias e o Ministerio de Educación. Publicouse en formato tradicional en papel, pero tamén hai unha versión on line.


É un texto colectivo onde os autores formulanse analizar que sentido teñen as bibliotecas escolares na formación dos futuros cidadáns do século XXI? que papel educativo ten o libro imprimido na escola da era dixital? que propostas de futuro temos que elaborar cara a que os centros educativos sigan mantendo espazos físicos dedicados á cultura difundida en papel? Para que serven hoxe en día as bibliotecas nas escolas? en que medida estas seguen favorecendo, animando e estimulando a experiencia da lectura nos nenos e adolescentes? as bibliotecas en xeral, e particularmente as escolares, serán o último reino do papel na sociedade do terceiro milenio?.


Este libro está organizado en dúas grandes partes ou bloques temáticos: un primeiro dedicado a ofrecer visións ou análises críticas do presente e futuro das bibliotecas nos que participan autores de diferentes universidades e institucións españolas, e unha segunda, destinada a presentar e difundir prácticas bibliotecarias desenvolvidas en centros educativos do arquipélago. Está prologado polo xornalista e escritor Juan Cruz.

( vía Ordenadores en el aula)

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas