A AELG (www.aelg.org) organiza unha viaxe en tren e un roteiro cultural por Santiago en lembranza do 125 cabodano de ROSALÍA DE CASTRO.
Os viaxeiros desfrutarán de música e poesía...
16.45 Concentración na colexiata de Santa María de Iria: Lectura dun poema de Rosalía e marcha a pé até a estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, para tomar o tren cara Compostela.
17.45 Saída do tren cara a Santiago
18.00 Recepción do tren "Follas Novas" na estación de Santiago. Saída pola rúa do Hórreo, coa actuación da banda municipal.
18.45 Praza do Toural: Lectura de 3 poemas de Cantares Gallegos.
19.15 Praza da Universidade: Audición do Pietat Signore, de Stradella; lectura doutros tres poemas de Cantares Gallegos.
19.30 Praza de Cervantes: Escaparates da Libraría Couceiro dedicados ás obras de Rosalía. Lectura doutros tres poemas.
19.45 San Domingos de Bonaval: Audición do Ángelus, de Massenet, lectura de poemas de Follas Novas, música e arte, lectura do comunicado/manifesto sobre os 125 anos de Rosalía e a reivindicación de apertura ao público do PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES. Canto do Himno.
Máis información e inscripción: www.aelg.org
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario