A adhesión popular aos heroes deportivos xera comprensibles suspicacias en moitos intelectuais, mellor provistos culturalmente para soportar os embates da historia. Poden ser conservadores, como Borges, ou comunistas, como Bertolt Brecht, quen dixo por boca do seu personaxe Galileo Galilei: Desdichados os pobos que necesitan heroes. Hai nesa actitude un distanciamento aristocratizante, un platonismo estalinizado. Os riscos de alleamento colectivo, así como de instrumentación política e comercial, están indubidablemente presentes nas manifestacións plebeyas de fervor patriótico-deportivo. Mais, como o propio Borges escribiu: Sempre a coraxe é mellor, a esperanza nunca é va. O futbol contén unha profunda e elaborada mitoloxía. Os mitos son relatos que falan de heroes e antepasados dun pobo. Aluden ao que escapa da razón humana: ás veces a actos, ás veces a seres sobrenaturais, ás veces a acontecementos inexplicables. Máis que a razón, o substrato real dos mitos é o sentimento.
O fútbol , é un tipo de mito no que os xogadores vencen obstáculos, barreiras e perigos para alzarse coa vitoria, aínda que se perden, o intento convértese en drama e nunha deprimente sensación de fracaso. O filósofo grego Aristóteles dicía que asistir a un drama tráxico proporciona unha catarse. Así, un partido de futbol é a representación dun drama onde, se non resulta empate, un dos dous equipos está condenado á derrota, mentres que o outro leva os loureiros.
A tradición popular, a imaxinación colectiva e os medios de comunicación adoitan converter aos xogadores de futbol, sobre todo, aos da Selección Nacional, en auténticos heroes que ostentan calidades míticas. O atleta encarna un ideal mítico: Hércules ou Prometeo e, ás veces, tamén Narciso. Por iso, estes heroes serven de mediación entre o inconsciente individual e as pantasmas colectivas máis ou menos conscientes.
Os medios de comunicación converteron aos deportistas nos heroes míticos do noso tempo, desprazando aos próceres cos que a lei de educación laica había substituído, á súa vez, ao santoral da Igrexa no relato patriótico.
O fútbol posúe unha organización universal cuxo ritual cuatrienal convoca á representación colectiva de todos os países a renovar as esperanzas depositadas no seu equipo de modernos argonautas.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario