É este malestar
de non ter chegado
a ser punki
e quedar en mestre sindicalista
o que me desperta polas noites.
A neo-conciencia mesturada coa neo-hipoteca,
as distancias xustas,
os comentarios cínicos
as augas que non lavan.
Os ruxe-ruxes ao pé das barras.
Nas terrazas con antucas
de propaganda obscena que nos retratan.
O xeo do vaso,
única aventura que nos queda da era dos soños.
Icebergs que se consomen.
E os canciños cibernéticos dos amigos
que lamben o seu código de fabricación
nos nocellos depilados do aburrimento.
Que cansanzo de capitalismo,
de bandeira vermella arrombada no curruncho da cadeira,
mentras pedimos outra de bravas.
E o rapaz esfarrapado,
da crista amarela na cabeza,
enfronte.
Debuxando con xiz - no enlousado da manifestación -
un sagrado corazón pedichón.
Moedas de traizón dun grupo vencido.
Retratado cun móbil
nas últimas páxinas dun libro
que comezou a escribirse
nunha praia
onde nacía o sol.
Xaime Domínguez Tojo
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario