Manuel Lourenzo, ven de acadar con Aquelas cousas do verán o Premio Abrente de Textos Teatrais, que convoca o Concello de Ribadavia xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística coincidindo coa celebración da Mostra Internacional de Teatro da capital do Ribeiro.
O xurado do galardón, resaltou a madureza da obra "tanto na linguaxe coma na escrita e que require dun tratamento escénico moi sutil, en concordancia coa propia sutileza dos componentes do texto".
Trátase dun texto, engaden, "que bota man para a súa composición de moi dosificadas pinceladas simbólicas pero que trata con profundidade e moi interesante e transversalmente a actualidade. É unha peza profunda que fala das relacións entre as persoas cun impecable dominio da tensión dramática".
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario