Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
28/8/10
O catálogo do Ikea
Ikea comezou a distribuír onte o seu primeiro catálogo en galego, que estará dispoñible na súa tenda da Coruña a partir do próximo 15 de setembro, cumprindo así co seu compromiso de valorar a lingua propia de Galicia. Dos 600.000 exemplares do catálogo do ano 2011 que repartirá a multinacional sueca en Galicia, 33.000 estarán integramente en galego, O catálogo da firma conta cunha tiraxe de 9,2 millóns en todo o país e chega de forma gratuíta ao 80% dos fogares da área de influencia das súas 13 tendas españolas. Trátase da publicación comercial de maior tiraxe no mundo, xa que se imprimirán 197 millóns de exemplares, que se distribuirán en 41 países nun total de 29 idiomas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario