Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Perseidas - As bágoas de San Lourenzo

10/8/10

Perseidas - As bágoas de San Lourenzo


As Perseidas son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 12 de agosto con Taxa Horaria Zenital (THZ) 100, o que a converte na terceira maior chuvia do ano.

Cada ano por estas datas a Terra atopa no seu camiño ao redor do Sol os restos da cola do cometa Swift-Tuttle, descuberto en 1862 e que volveu pasar pola mesma zona no 1992. A medida que estas pequenas partículas penetran na atmosfera terrestre a gran velocidade, o aire ao longo da súa traxectoria vólvese incandescente, deixando rastros que poden permanecer no ceo durante varios segundos. A medida que estas pequenas partículas penetran na atmosfera terrestre a gran velocidade, o aire ao longo da súa traxectoria vólvese incandescente, deixando rastros que poden permanecer no ceo durante varios segundos.

As Perseidas son tamén coñecidas co nome de bágoas de San Lourenzo, porque o 10 de agosto é o día deste santo e asocianse coas bágoas que verteu San Lourenzo ao ser queimado na fogueira, concretamente nunha grella.


Antigamente as Perseidas asociábanse con catástrofes ou lendas sobre diaños expulsados do ceo. Hoxe sabemos que as estrelas fugaces só son fragmentos de materia cuxo tamaño oscila entre o de grans de area e motas de po.




No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas