Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 5 de outubro - Día Mundial dos Docentes

5/10/10

5 de outubro - Día Mundial dos Docentes

Hoxe celébrase en todo o planeta o Día Mundial do Docente, unha data establecida en 1994 pola UNESCO que pretende render homenaxe á figura do profesor e chamar a atención sobre as súas condicións laborais, o seu status e a situación de moitos mestres nos países empobrecidos.


O lema de 2010 é "A recuperación empeza polos mestres", slogan co que a Internacional da Educación e a UNESCO buscan reivindicar o papel dos docentes en "a reconstrución económica, social e intelectual" dos países que sufriron guerras, desastres naturais ou graves deficiencias na atención infantil.

Por iso, neste día alertan sobre os recortes educativos como consecuencia da crise que sobre todo afectan os máis desfavorecidos.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas