Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Electrónica sen corrente en Curtis

2/10/10

Electrónica sen corrente en Curtis

Nove estudantes de FP quedan sen escolarizar este curso porque non se abriu o segundo prazo de matriculación.


Os nove alumnos que ían comezar este curso o ciclo de formación profesional de instalacións electrotécnicas no IES de Curtis non poderán facelo debido a problemas burocráticos. Desde o instituto, Francisco Dacoba, un dos profesores, acusa a Educación de non abrir o segundo prazo de matrícula desde o día 10 ata o 21 de setembro e pechar o ciclo de formación profesional directamente.
«O 10 de setembro era a data límite para as inscricións de alumnos. Neste día só había tres alumnos matriculados no centro. O resto dos estudantes matriculáronse despois, porque se trataba de casos especiais nos que os alumnos se matricularon anteriormente noutros centros e non foran aceptados xa que as prazas estaban cubertas. Así que estes seis alumnos foron rebotados a este centro» dixo o profesor. A situación actual destes estudantes é que non recibirán clases e non teñen posibilidade de matricularse noutros ciclos porque os prazos están pechados. «Os tres profesores do centro puxémonos en contacto con Educación e para solucionar o problema decidimos adoptar as clases do primeiro e segundo curso para que así non tivesen que designar a un novo profesor e aforrar custos, pero non serviu de nada» comenta Francisco Dacoba. O vindeiro luns, os pais, alumnos e profesores teñen pensando facer unha concentración para reivindicar unha solución a este problema que deixa a estes nove mozos sen opción educativa para este curso escolar.
Desde o STEG, Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza, súmanse ás reivindicacións, xa que consideran os criterios fixados pola consellería de inxustos e que desfavorecen aos estudantes do medio rural, que teñen que desprazarse a zonas afastadas das súas casas. O xoves presentaron unha demanda na Consellería de Educación para que se atenda a petición da comunidade educativa.
Desde Educación xustificaron a súa decisión afirmando que ao ter só a tres alumnos matriculados o día 10, o ciclo pechouse no IES de Curtis e por iso non se abriu o o segundo prazo de matrícula.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas