Blog da Biblioteca do IES de Curtis: "Limpeza de sangue"

3/10/10

"Limpeza de sangue"

A compañía Espello Cóncavo estreou onte no Pazo da Cultura de Narón a obra "Limpeza de sangue", do dramaturgo galego Rubén Ruibal. O autor gañou con ela o premio Álvaro Cunqueiro de Literatura Dramática en 2005 e, dous anos despois, recibiu o Nacional.
"Limpeza de sangue" é  unha obra moi dura, que reflicte un ambiente practicamente de lumpen. Transcorre na Coruña, nun mundo marxinal de droga, delincuencia e corrupción. Ten elementos moi actuais. A base é a relación entre dous personaxes que veñen de esferas sociais moi contrapostas. Un é un ex yonqui, Fernando, e o outro unha especie de ‘yuppie’, Pantaleón, executivo dunha empresa. Por cuestións de saúde converxen nunha sala de diálese que os obriga a unha convivencia forzada.
Espello Cóncavo fai un esforzo para reducir a escenografía ó imprescindible –hai 29 situacións en ambientes distintos– e apuntala a peza nun inxente traballo actoral.
Sergio Zerraeta e Xavier Pan encabezan o elenco nos papeis de Fernando e Pantaleón respectivamente. Serán o ionqui e o novo rico unidos polo destino do corpo e unha sala de diálise dun hospital no texto do dramaturgo de Ribadeo. A canda eles, completando o equipo artístico na produción de Espello Cóncavo, estarán os actores Oswaldo Digón (Clemente), Fernando Morán (Don Anselmo), Xoán Carlos Mejuto (Don Luís), Teresa Horro (Alicia), Estíbaliz Veiga (Mucha) e Rodrigo Roel (Inspector Castelo).

Estára, entre outros, en:
Pontevedra, no Teatro Principal, o venres 15 de outubro
A Coruña, No Teatro Rosalía, o 21 e 22 de outubro

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas