Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O bilingüismo ou a imposición do español

12/10/10

O bilingüismo ou a imposición do español

O que se presenta neste post é un excelente documento social e histórico. Un anaco de realide materializado nun colexio de Friol que bate con toda a forza nos sentidos deixándoche pampo .
Trátase dun documental do programa "Vivir cada día" do ano 1979 no que se revela a forma na que toda unha xeneración foi educada. Alén do machismo e o rancio catolicismo, o ensino consistía na radical imposición do español, ou como o define a mestra que aparece no vídeo con toda a carga de desprezo do propio e o fomento do odio ao galego, o fundamento do ensino xiraba arredor da implantación do bilingüismo de ahí que o alumnado galegofalante tivese dificultades para expresarse, "por la falta de vocabulario" e en consecuencia "prefiera mantenerse callado"...


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas