Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Vidas post-it, Iolanda Zúñiga

18/10/10

Vidas post-it, Iolanda Zúñiga


O primeiro libro de Iolanda Zúñiga, Vidas post-it, volve ás librarías. 
Publicado orixinalmente en 2007 dentro da colección Abismos, pensada para novos narradores, empeza agora unha segunda vida na serie Narrativa de Xerais.

Contos curtos, concisos e veloces que alimentan un receitario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan, todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados.

Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) tamén e autora do poemario Amén, Amén (Xerais, 2008) e de Periferia, unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios. Novela coa que obtivo  O Premio Xerais de Novela 2010.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas